Hoxe engadimos no "portal" aspontes.naRRede.com un medidor gráfico de velocidade ADSL ,(esquerda) , co que podrás comprobar a canto vai a tua conexión a Internet. Para realizar o test é recomendable non ter aberto ningún outro programa no ordenador e por suposto non estar baixando asuntos co Kaza, emule etc... Para proceder pincha na imaxe superior. O que nos indica como "Velocidad de bajada" corresponde ca velocidade á que van os datos dende Internet ao teu ordenador (baixan), influie na velocidade para visualizar paxinas web e baixar archivos dende internet ( ten que estar proximo ao que nos indican cando nos venden a conexión a Internet). Con "Velocidad de subida" danos outro parámetro relativo á velocidade a que os datos van dende o teu ordenador a Internet (suben) este dato é Importante cando envias datos a internet, fotos, videos ao youtuve.... e para xogos on-line... os gamers saben ben de esto ;-) non influie moito para unha utlilización xeral. Con "PING" indicanos a latancia/retardo entre que se envian os datos e chegan a destino ( canto menor mellor para nosoutros, depende de moitos elementos, tamén determinante para xogos on-line ..."lag"). Os valores de medida están en Kilobits por segundo (Kbps) e o PING en milisegundos ( ms ). Pero a empresa na que teño contratado internet dime que teño 1 mega, 3 megas etc ¿ como entendo esto ? .. fácilmente 1000Kbps corresponden aprox a 1 Megas. Ter en conta que a medida nunca vai dar o valor que nos indica quen nos vende o ADSL non obstante ten que aproximarse por exemplo si teño contratado 3 Megas ten que darme algo como 2595 Kbps en "Velocidad de bajada"... espero que esta ferramenta vos saque de estas duvidas que nos asaltan a veces ... :mryellow:
Si queredes profundizar no tema e empregar un sistema de medición mais completo aqui tedes preparado quizais o de maior calidade que existe, a única pega que se lle pode poñer e que está en Inglés, pero coido que non é dificil operar con él...pinchando en Speedtest.net diríxevos ao sistema completo donde poder seleccionar a uvicación do servidor, comparar proveedores por paises e cidades etc . Para proceder co Test pinchade na imaxe precedente...saudos ...







































