http://www.miocio.net/cibernia/PORTALES/ASPONTES/viewtopic.php?f=131&t=686&p=1277#p1277
-----------------------------------
jose
Jue 18 Mar, 2010 18:24

Re: SAIDA 14 DE MARZO
-----------------------------------
O Domingo 14 saimos as 8 40 de diante do Polideportivo
municipal 55 personas para ir camiñar a ruta entre Ares e Mugardos. 
O autobus deixanos na praia de Ares onde 

http//www.redimg.net/archivos/940/Ares_Mugardos/IMG_5078.JPG

nos esperaban outros compañeiros que foran 
en coche propio xa que no autobus remataran 
as plazas o venres á noite,dous socios máis que 
viñeran dende Betanzos e dous máis de Ferrol, 
en total comenzamos a camiñar as 930 en total 65 persoas.

O camiño vai pola beira da ría de Ares pasando 
pola zona de Centeas e da praia de Estacas, 

http//www.redimg.net/archivos/940/Ares_Mugardos/IMG_5083.JPG

deixando As Mirandas a esquerda para continuar 
por Maiobre e O Penedo ata chegar a zona de Cervás. 
Alá por un camiño que se desvía á esquerda achegándonos
máis á beira do mar, e que logo se converte nun carreiro, 
baixamos ao rego de Guille onde quedan os restos dun muíño

http//www.redimg.net/archivos/940/Ares_Mugardos/IMG_5094.JPG

de auga para, despois, subir pola outra banda e 
chegar a Chanteiro pola zona do Outeiro.
Continuamos tirando cara a esquerda e subimos polo 
Campelo onde atopamos a primeira das ruínas das baterías
da costa, a batería de Sudova que está moi tapada pola maleza. 

http//www.redimg.net/archivos/940/Ares_Mugardos/IMG_5115.JPG

Continuamos dereito ata baixar a punta Coitelada ali 
facemos unha pequena parada para repoñer forzas e esperar
a que se reagrupe o persoal e mais para disfrutar da vista
sobre a ria ca Marola ó fondo e a cidade da Coruña detras.

http//www.redimg.net/archivos/940/Ares_Mugardos/IMG_5126.JPG

Seguimos por un carreiro a beira do mar que nos achega 

http//www.redimg.net/archivos/940/Ares_Mugardos/IMG_5140.JPG

ata a praia de Chanteiro, cruzamos pola praia es 

http//www.redimg.net/archivos/940/Ares_Mugardos/IMG_5146.JPG

seguimos por outro carreiro que nos leva ata Punta do Segaño.

http//www.redimg.net/archivos/940/Ares_Mugardos/IMG_5156.JPG

Temos enfrente o Porto exterior e tamen podemos 
ver a Ría de Ferrol desde a entrada, cos castelos de
San Felipe e da Palma e Ferrol ó fondo. 

http//www.redimg.net/archivos/940/Ares_Mugardos/IMG_5159.JPG

Dende aqui teriamos a posibilidade de seguir bordeando
a Ría , o que en 2 kms e medio nos levaria ó 
castelo da Palma, pero preferimos coller un carreiro que 
aranca enfrente da bateria das Salgueiras e monte arriba

http//www.redimg.net/archivos/940/Ares_Mugardos/IMG_5161.JPG
 
levanos pasando pola bateria de Fonteseca ata o alto 
da Bailadora de 266 m donde se atopa o centro de comunicacions.

A subida non é moita pero fixo subir o pulso a alguns 
e mais depois do camiño tan placido que trouxeramos ata alí, 
pero o esforzo valeu a pena para poder contemplar dende 

http//www.redimg.net/archivos/940/Ares_Mugardos/IMG_5179.JPG

o alto a vista sobre as duas rías,pola banda da Coruña 
ata punta langosteira e o porto exterior, pola outra 

http//www.redimg.net/archivos/940/Ares_Mugardos/IMG_5125.JPG

banda toda a ría de Ferrol ata Neda e Xubia, e cara 
ó leste as terras de Felicia facendolle honra o nome.

http//www.redimg.net/archivos/940/Ares_Mugardos/IMG_5176.JPG

Logo unha baixada que aínda que curta é intensa 
como para chegar cos xeonllos quentes ó autobus.

http//www.redimg.net/archivos/940/Ares_Mugardos/IMG_5180.JPG
 
Poi iso, baixada ata o castelo da Palma donde nos 
esperaba o transporte, e a donde chegamos a unha e media
despois de 17 kms, ende alí volta para a casa


